1º PREMIO EN CINEMA JOVE

A curtametraxe EN LIÑA creado polo alumnado do IES de CACHEIRAS gañou o 1er premio do Encontro Audiovisual de Xóvenes do Festival CINEMA JOVE de Valencia celebrado entre o 18 e o 20 de xuño. Esta curtametraxe xa recibira nos últimos 15 días o Premio Fotoxénico do Festival OLLOBOI de Boiro e o segundo premio en CINEDFEST de Tenerife.

A curtametraxe creouse dentro do proxecto educativo ATURUXO FILMS (Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación) creado e coordinado polo profesor de debuxo Sergio Clavero. Tamén enmárcase no proxecto de colaboración co CMUS de Santiago IMAXINANDO MÚSICAS onde se desenvolve un espazo de creación visual e musical para o alumnado de ambos os centros coa coordinación no CMUS do profesor de guitarra Xosé Antonio Rodríguez. Os autores son Miguel Calvo, Álvaro Silvade e Marta Calvo con música de Sandra Galera e a interpretación protagonista de Oliver Angermann entre outros colaboradores. Tanto o profesor como Miguel e Oliver puideron gozar das numerosas actividades do festival e expoñer este proxecto educativo que se desenvolve no centro.

ATURUXO FILMS ten como obxectivo principal a alfabetización cinematográfica do alumnado a través dun aprendizaxe baseado en proxectos e desenvólvese no centro dende o ano 2007 con máis de 400 participantes a través de optativas e a materia Educación Plástica e Visual fundamentalmente. Este proxecto e o seu alumnado obtivo numerosos recoñecementos e premios en festivais nacionais e internacionais e estase convertendo nun proxecto de referencia na alfabetización cinematográfica a nivel nacional.

Clausura-encuentro-audiovisual-jovenes-4-768x547

Clausura-encuentro-audiovisual-jovenes-5-768x441

prensa_imgs_489-clausura-encuentro-jvenes-74

Advertisements

EN LIÑA

Seguimos coa estrea de curtametraxes de temática redes sociais e contorna persoal e nesta ocasión con EN LIÑA creado por Marta Calvo, Álvaro Silvade e Miguel Calvo con música composta e interpretada por Sandra Galera dentro da colaboración entre ATURUXO FILMS e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión temos que felicitar aos seus creadores e a todos os actores e actrices participantes polos dous premios conseguidos recentemente en CINEDFEST que se celebra en Canarias e no Festival OLLOBOI que como sabedes organízase en Boiro con gran éxito. E dentro de dúas semanas participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de CINEMA JOVE en Valencia.

PARABÉNS!!

13329395_1180316265346697_7939684328401314933_o

Miguel e Marta Calvo en Olloboi.

NOVOS RECOÑECEMENTOS

FredatSchoolO proxecto de alfabetización audiovisual Aturuxo Films segue suscitando interese e, nesta ocasión, fomos entrevistados polo programa europeo FRED AT SCHOOL. Este é un proxecto innovador que pretende impulsar a alfabetización cinematográfica entre o público novo utilizando a radio dunha forma moderna e estimulante.

Tamén recibimos novos recoñecementos ao excelente traballo realizado polo alumnado. A curtametraxe PERSOAS recibiu o premio Peleón no festival Audiovisual OLLOBOI celebrado o sábado 30 de maio na Casa de Cultura de Boiro.  Esta curta, ademáis, foi proxectada como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.

cropped-camiseta-polbo

PREMIO DO PÚBLICO

Logo-No-te-cortes-616x216

PERSOAS acada o PREMIO do PÚBLICO do Certame NO TE CORTES de creación audiovisual organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Fundación VOCES. Anteriormente fomos finalistas no premio do xurado deste certame.

Un novo recoñecemento ao excelente traballo do alumnado no proxecto educativo ATURUXO FILMS do IES de Cacheiras e á colaboración co grupo de teatro CHÉVERE e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago a través do seu alumnado.

Moitas grazas pola vosa participación para acadar máis de 1.200 votos e máis de 1.000 reproducións da curta Persoas.

No blog de aula CADERNO DE RODAXE podedes encontrar toda a información sobre o proceso creativo da curtametraxe PERSOAS.

cropped-grc3a1fico1

1º PREMIO EN OUFF ESCOLA

A curtametraxe PERSOAS gañou o primeiro premio do Certame Ouff Escola 2014 nunha gala celebrada esta mañá no Auditorio Municipal de Ourense onde, ademais, se proxectou a curta ao público asistente. Recolleu o premio o profesor Sergio Clavero xunto ao alumnado do proxecto educativo ATURUXO FILMS en representación dos autores que non puideron acudir ao acto.

141119_ouffescola_11_prensa_1

Este premio súmase á extraordinaria noticia recentemente coñecida da súa selección nun festival de cine profesional para a súa proxección este venres 21 de novembro no Festival Internacional de cine solidario de Barcelona.

PERSOAS é unha obra creada en Aturuxo films na que colaboraron os actores e actrices do grupo de Teatro Chévere que nos regalaron as súas magníficas interpretacións e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela onde se compuxo, interpretou e gravou a música por alumnado do devandito centro.

Noraboa a tod@s.

Aquí tedes o trailer de PERSOAS antes da súa estrea na rede.

PREMIO ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL

ATURUXO FILMS ha obtenido el premio ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL que otorga el Ministerio de Educación a través del ICAA en la modalidad de secundaria por “su carácter pedagógico y la gradación paso a paso del trabajo en equipo, valorando positivamente su carácter ambicioso”.

El proyecto educativo de creación audiovisual iba acompañado del cortometraje PERSOAS creado por el alumnado de 4º ESO en la materia optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais y en cuya producción han colaborado el grupo de teatro CHÉVERE con la interpretación de los personajes y el Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela del que son alumnos Sandra Galera compositora de la música y sus intérpretes y donde se ha realizado la grabación.

Enhorabuena a Rafa, Lara, Tania, Carlos, Olalla, Andrea, Alex, Eduardo, Iago, Jessica, Daniel, Nicolás, Javier, Inés, Brais, Pablo, Alejandro,Tobías, Sandra, Teresa, Lorena, Pablo, Arturo y Álvaro, a todo el profesorado que ha colaborado desde el CMUS y el IES de Cacheiras y a los componentes de Chévere.

icaa

FINALISTA NO PREMIO ACCIÓN MAXISTRAL

O proxecto educativo ATURUXO FILMS foi seleccionado na fase autonómica finalista para os premios ACCIÓN MAXISTRAL  a nivel estatal.

O premio convócao a Fundación de Axuda contra a Drogadicción, a Comisión Nacional Española de Cooperación con a UNESCO e o BBVA. Ten como obxectivo premiar entre o profesorado a transmisión de valores sociais como a solidariedade, tolerancia ou respecto utilizando metodoloxías educativas innovadoras.

PremioAccionMagistral2014-84x84