FINAL DE CURSO

Termina este curso con numerosas novidades, recoñecementos e un gran traballo, de novo, do alumnado que participa neste proxecto de alfabetización cinematográfica e mediática tanto nas optativas de bacharelato como na materia de Educación Plástica, visual e audiovisual.

Para empezar temos que felicitar a Rosana, Sara e Ainhoa polo 1º premio Península do festival canario CINEDFEST na categoría de secundaria pola curtametraxe Máis Aló, a Martín e Yaiza polo Premio Olloboi ao mellor montaxe pola curta Esta son eu e aos creadores das curtas Vals nº1 e Antivals pola mención nos premios Olloboi como finalistas nas categorías de Arte, Fotografía e BSO, todos estes premios acadados no último mes.

E temos que felicitarnos todos porque o Proxecto Aturuxo Films – Imaxinando Músicas foi recomendado pola UNESCO para a alfabetización mediática e informacional a través do seu programa UNAOC o que dá idea da importancia que está a alcanzar este proxecto educativo.

https://milunesco.unaoc.org/mil-resources/imaxinando-musicas-aturuxo-films/

Advertisements

NOVOS PROXECTOS

Este curso ATURUXO FILMS segue traballando, non só a través das optativas do IES de Cacheiras Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º e 4º ESO e Cultura Audiovisual en 1º bacharelato onde temos matriculados 37 alumnos e alumnas, senón tamén con novos proxectos co obxectivo de afondar e expandir esta experiencia de alfabetización audiovisual.

Este curso colaboramos coa biblioteca do centro na elaboración dun plan de alfabetización mediática imprescindible para unha experiencia integral dos medios de información. Iniciouse cun grupo de traballo de 10 profesores do centro que se están a formar na linguaxe audiovisual dende a sintaxe e a análise ata a creación de mensaxes.

Tras os recoñecementos a esta experiencia educativa cos premios de ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2014 do Ministerio de Educación, o CISS PRAXIS de Cuadernos de Pedagogía ao labor docente 2013 e a selección como finalistas dos Premios Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012 e autonómicos nos Premios Acción Magistral 2014 seguimos dando a coñecer o proxecto en Congresos e Cursos. Este ano ATURUXO FILMS foi presentado no XVII Congreso Internacional EDUTEC en Córdoba, no Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias dá Facultade de Ciencias dá Comunicación dá USC e na Xornada InspiraTICS da Plataforma Proyecta das fundacións Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández-Latorre. Tamén fomos invitados ao Máster de Formación de Profesorado de Artes Plásticas e a un Curso de Verán na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

EDUCACIÓN AUDIOVISUAL

Como sabedes a experiencia educativa ATURUXO FILMS propón formar espectadores críticos a través de tres líñas de actuación: o coñecemento da sintaxis da linguaxe audiovisual, a análise de fragmentos de filmes e da publicidade e a creación de obras cun traballo colaborativo.

Neste programa de TVE, que debate sobre a educación audiovisual, establécense unha serie de argumentos que coinciden plenamente  cos fundamentos, os obxectivos e a metodoloxía de ATURUXO FILMS.

MOI INTERESANTE QUE O MIREDES

EDUCACIÓN AUDIOVISUAL

COLABORANDO NA FORMACIÓN

 

 

Dentro das inquietudes de Aturuxo films, como ben sabedes, está extender a educación audiovisual nos centros de ensinanza de Galicia. Por iso propuximos aos centros de formación do profesorado a posibilidade de crear un curso de creación audiovisual dirixido aos docentes de debuxo. Deste xeito a experiencia educativa que estamos desenvolvendo no IES Cacheiras pódese trasladar a outros centros.

Froito deste curso, xa celebrado en novembro, son estes catro spots sociais feitos na fase experimental e que son un bo exemplo do excelente traballo que fixeron os participantes.

Razóns para a educación audiovisual

Presentamos un documento que fai un resumo dos  argumentos, obxectivos e importancia da ensinanza da linguaxe audiovisual nos centros educativos e que aparecen no Libro Blanco da Educación Audiovisual que xa tedes completo neste blog.

Recomendamos a súa lectura para comprender mellor a importancia da labor educativa que se está a realizar neste centro para unha completa formación do alumnado.

Educación audiovisual nos centros de ensinanza pdf

Educación Audiovisual

Como xa sabedes no IES Cacheiras ofértanse as optativas:

– Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º e 4º ESO

– Cultura Audiovisual en 1º Bacharelato

Tedes as programacións publicadas neste blog en formato pdf.

 

Esta iniciativa parte do Departamento de Debuxo e a asume o centro pola enorme importancia que ten a alfabetización do noso alumnado na linguaxe audiovisual. Pensamos que é bo que toda a comunidade educativa teña a máxima información sobre a crecente importancia que se está a dar á educación audiovisual nos centros escolares.

Polo tanto ponemos a vosa disposición  algúns documentos de gran relevancia como o Libro Blanco: la educación en el entorno audiovisual, libro de referencia a nivel nacional ou as conclusións do 1º e  2º Encontro Internacional de Educación Audiovisual celebrado en Santiago de Compostela no 2005 e 2006 respectivamente.

 

Libro Blanco: Educación en el entorno audiovisual pdf

Conclusións I Encontro Educación Audiovisual pdf

Conclusións_II_Encontro Educación Audiovisual pdf