ESTREAS

Continuamos con estreas de curtametraxes creadas no curso 2014/15 sobre o uso das novas tecnoloxías e as relacións sociais.
Skate está creado por alumnado de 4º ESO nun excelente traballo cunha idea clara e moi ben expresada.

Advertisements

EN LIÑA

Seguimos coa estrea de curtametraxes de temática redes sociais e contorna persoal e nesta ocasión con EN LIÑA creado por Marta Calvo, Álvaro Silvade e Miguel Calvo con música composta e interpretada por Sandra Galera dentro da colaboración entre ATURUXO FILMS e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión temos que felicitar aos seus creadores e a todos os actores e actrices participantes polos dous premios conseguidos recentemente en CINEDFEST que se celebra en Canarias e no Festival OLLOBOI que como sabedes organízase en Boiro con gran éxito. E dentro de dúas semanas participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de CINEMA JOVE en Valencia.

PARABÉNS!!

13329395_1180316265346697_7939684328401314933_o

Miguel e Marta Calvo en Olloboi.

2º ANIVERSARIO DA ESTREA DE PERSOAS

Tras estes dous anos transcorridos desde a estrea da curtametraxe Persoas no Centro Sociocultural de A Ramallosa de TEO e posteriormente no CGAC de Santiago de Compostela é o momento de facer balance. En primeiro lugar destacar de novo o excelente traballo realizado polo alumnado participante e a oportunidade de contar coas interpretacións de actores e actrices do grupo de teatro Chévere e a colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela para a composición, interpretación e gravación por parte do seu alumnado da música. A confluencia do talento de todos eles é o que fai especial a esta obra que, ademais, aborda un tema moi de actualidade como é o dos migrantes que ven obrigados a abandonar os seus fogares fuxindo de conflitos bélicos, da pobreza, da falta de liberdades… e faio centrándose nos sentimentos e emocións das persoas.

Neste tempo a curtametraxe percorreu certames e festivais de medio mundo con numerosos recoñecementos que enumeramos a continuación:

PREMIO ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2014. Ministerio de Educación.

1º PREMIO OUFF ESCOLA 2014. Ourense.

PREMIO DO PÚBLICO CERTAME NO TE CORTES 2014. Madrid.

1º PREMIO PELEÓN OLLOBOI 2015. Boiro.

1º PREMIO LINGUAS MINORITARIAS BEGIRADAK FESTIVAL 2015. Donostia.

E proxectouse tamén como finalista nos seguintes festivais:

PLURAL PLUS ONU 2014. Nova York.

ENCONTRO AUDIOVISUAL DE XÓVENES CINEMA JOVE 2014. Valencia.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE PONFERRADA 2014.

FESTIVAL CINE SOLIDARIO KO&DIGITAL 2014. Barcelona.

FESTICORTOS 2014. Córdoba (Arxentina).

FORO INTERNACIONAL CINEMA PEQUENAS NACIÓNS, ALFABETIZACIÓN FÍLMICA E NOVAS AUDIENCIAS 2014. Facultade Ciencias Comunicación USC. Santiago.

FESTIVAL INTERNACIONAL CINE INFANTIL E XUVENIL 2014. Mérida (Venezuela).

SELECTIVA ÚNICA 2014. Barcelona.

FESTIVAL INTERNACIONAL INFANCIA E ADOLESCENCIA 2014. Bogotá (Colombia).

INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL 2015. Plasencia.

FORUM INTERNACIONAL PLATAFORMA UNIAL 2015. La Habana (Cuba).

KONTRABANDO FILM FESTIVAL 2015. Mallorca.

FINALISTA AUTONÓMICO PREMIO ACCIÓN MAXISTRAL 2014. Fundacións FAD e BBVA.

Se non o viches aínda aquí tes unha nova oportunidade.

PARABÉNS RAFA, LARA, OLALLA, SANDRA, CARLOS, EDUARDO, IAGO, DANIEL, BRAIS, NICOLÁS, TANIA, INÉS, ALEX, ANDREA, JESSICA, IÑIGO, PABLO, JAVIER, ALEJANDRO, PATRICIA, XESÚS, ARANTZA, MÓNICA, PEPE, TOBÍAS, MANUEL, BORJA, TERESA, LORENA, ARTURO, ÁLVARO, PABLO, XOSÉ ANTONIO e toda a COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE CACHEIRAS e do CMUS DE SANTIAGO.

AISLADO

Seguimos coa estrea de novas curtametraxes creadas en 4º ESO o curso 2014-15. Iniciamos aquí unha serie que trata o tema da influencia das redes sociais na nosa contorna persoal. O primeiro o titulado AISLADO.

ESTREAMOS CURTAMETRAXES

Coma xa sabedes o obxectivo principal de Aturuxo films é a alfabetización cinematográfica do alumnado a través dun proceso de aprendizaxe baseado en proxectos onde a creación é o motor fundamental. Froito deste proceso xorden as curtametraxes que xa coñecedes e que tedes a vosa disposición no noso Canal de Youtube.

Iniciamos a publicación de diferentes curtametraxes creadas polo alumnado nos últimos anos. No curso 2013-14 na materia de Cultura Audiovisual en 1º de bacharelato creouse a curtametraxe Traizón.

NOVOS RECOÑECEMENTOS

FredatSchoolO proxecto de alfabetización audiovisual Aturuxo Films segue suscitando interese e, nesta ocasión, fomos entrevistados polo programa europeo FRED AT SCHOOL. Este é un proxecto innovador que pretende impulsar a alfabetización cinematográfica entre o público novo utilizando a radio dunha forma moderna e estimulante.

Tamén recibimos novos recoñecementos ao excelente traballo realizado polo alumnado. A curtametraxe PERSOAS recibiu o premio Peleón no festival Audiovisual OLLOBOI celebrado o sábado 30 de maio na Casa de Cultura de Boiro.  Esta curta, ademáis, foi proxectada como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.

cropped-camiseta-polbo