PROXECTO

Proxecto educativo que ten como obxectivo a alfabetización audiovisual fomentando a creatividade e o traballo cooperativo e multidisciplinar do alumnado utilizando as ferramentas TIC. É unha aprendizaxe baseada en proxectos ABP onde se fomenta a educación en valores.

Responde aos chamamentos da UNESCO dende a década dos 70 e da UE concretado no ano 2007 Media Literacy para incluír estes contidos no deseño curricular. Referímonos a todos os medios escritos, audiovisuais e dixitais que transmiten información e que tamén serven para comunicarnos.

Esta experiencia está baseada no desenvolvemento da creatividade do alumnado coa produción de obras audiovisuais fomentando o TRABALLO COOPERATIVO e multidisciplinar coa paticipación de toda a comunidade educativa e a utilización das FERRAMENTAS TIC como elemento imprescindible para o seu desenvolvemento e difusión.

Trátase dunha aprendizaxe baseada en proxectos onde o alumnado é un participante activo na elaboración de conceptos e o seu posterior desenvolvemento a través da experimentación. O obxectivo é formar cidadáns críticos adaptados a esta sociedade dixital cunha formación comunicativa e non só instrumental ou tecnolóxica.

???????????????????????????????

DSC00389 copia

???????????????????????????????

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s