NOVOS PROXECTOS

Este curso ATURUXO FILMS segue traballando, non só a través das optativas do IES de Cacheiras Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º e 4º ESO e Cultura Audiovisual en 1º bacharelato onde temos matriculados 37 alumnos e alumnas, senón tamén con novos proxectos co obxectivo de afondar e expandir esta experiencia de alfabetización audiovisual.

Este curso colaboramos coa biblioteca do centro na elaboración dun plan de alfabetización mediática imprescindible para unha experiencia integral dos medios de información. Iniciouse cun grupo de traballo de 10 profesores do centro que se están a formar na linguaxe audiovisual dende a sintaxe e a análise ata a creación de mensaxes.

Tras os recoñecementos a esta experiencia educativa cos premios de ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2014 do Ministerio de Educación, o CISS PRAXIS de Cuadernos de Pedagogía ao labor docente 2013 e a selección como finalistas dos Premios Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012 e autonómicos nos Premios Acción Magistral 2014 seguimos dando a coñecer o proxecto en Congresos e Cursos. Este ano ATURUXO FILMS foi presentado no XVII Congreso Internacional EDUTEC en Córdoba, no Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias dá Facultade de Ciencias dá Comunicación dá USC e na Xornada InspiraTICS da Plataforma Proyecta das fundacións Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández-Latorre. Tamén fomos invitados ao Máster de Formación de Profesorado de Artes Plásticas e a un Curso de Verán na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Advertisements