MENCIÓN ESPECIAL EN ITALIA

Volvemos do Timeline filme festival de Carate Brianza (Milán) cunha mención especial que recoñece a calidade da curtametraxe Vidas en sombra creada por alumnado de 1º de bacharelato na materia Cultura audiovisual. A experiencia para os dous alumnos e o profesor que acudiron á cita invitados como finalistas foi extraordinaria pola hospitalidade da organización e a convivencia coas delegacións doutros países participantes como Austria, Croacia e a propia Italia. O intercambio de experiencias educativas de formación audiovisual permítenos enriquecer o noso proxecto co obxectivo de conseguir unha educación integral do alumnado do centro.
Parabén aos creadores de Vidas en sombra por este novo recoñecemento.

603046_463001683784996_139482340_n

Advertisements

Un comentario en “MENCIÓN ESPECIAL EN ITALIA

  1. Eu penso que este instituto debería ser o mellor de toda Galicia (público).O traballo dos profesores e dos mesmos alumnos merecen un grande aplauso.

Os comentarios están pechados.