CARAVANA VILAMOR

Mañá xoves 14 visita o IES Cacheiras a Caravana Vilamor invitados por Aturuxo films. Asístirán o director Ignacio Vilar e os actores e actrices protagonistas para presentar o filme e charlar co alumnado sobre o proceso de creación, anécdotas da rodaxe e iniciar un coloquio.

Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

A actividade comeza ás 10:45 h. no Salón de actos.

Advertisements