Seleccionados en CINEMA JOVE

A curtametraxe Pequenas obsesións foi seleccionada a competición no Encontro Audiovisual de Xóvenes do 25 Festival Internacional de Cine CINEMA JOVE. O Encontro Audiovisual comezará en Valencia o 19 e rematará o 22 de xuño coa entrega de premios. A organización invita ao profesor responsable e dous dos alumnos creadores da curtametraxe para presentar a experiencia didáctica que se está a desenvolver no IES de Cacheiras.

Esperamos poder acudir e representar ao instituto como se merece.

Noraboa a tódolos creadores.

Advertisements

4 comentarios en “Seleccionados en CINEMA JOVE

  1. Noraboa por esa selección. A verdade é que esa curtametraxe está realmente ben, a min púxome a pel de galiña cando a vin. Moitísima sorte no concurso.

  2. Outra recompensa para o esforzo de todos os creadores da curtametraxe, oxalá teñamos sorte e poidamos regresar con algún premio!

  3. A verdade e que esa curtametraxe representa gratificantemente o traballo e empeño que puxemos a hora da súa creación.Oxalá teñamos sorte no festival,e senon sempre nos quedará esta boa experiencia de estar seleccionados neste gran festival internacional de cine.

  4. Espero que poidamos volver con algún premio, a curtametraxe levounos bastante traballo. E se non, pois sempre queda a ilusión de haber sido seleccionados neste festival.

Os comentarios están pechados.