VIDEOTECA no IES CACHEIRAS

Neste curso 2009-10 púxose en funcionamento o préstamo de películas en formato DVD na Biblioteca do centro. Esperamos poder ampliar o seu número tendo en conta a calidade dende o punto de vista artístico, histórico, pedagóxico ou social.
Tamén vanse adquirir series documentais de especial calidade que traten temas de interese para o profesorado no traballo de aula.

Preténdese crear unha cultura cinematográfica, máis alá das carteleras de cine, adquirindo coleccións de grandes clásicos do cine.

Consultar o listado de películas dispoñibles na biblioteca do centro.

Advertisements

6 comentarios en “VIDEOTECA no IES CACHEIRAS

  1. A min pareceme unha idea fantástica o de crear unha videoteca, e creo que deberían dar un lugar para que os alumnos puidesen pedir as suas suxerencias, pois moitas películas non estan incluidas. Ainda asi encatoume a idea.

  2. Alégrame saber que ademais de biblioteca tamén temos videoteca, ainda que penso que se debería aumentar o número de películas, e facilitar unha lista cunha pequena crítica, xa que a maioria do alumnado non coñecemos gran parte deste cine e non sabemos o que nos podemos atopar.

  3. O de que haxa una videoteca no centro paréceme fantástico.De feito,creo que todos os centros deberían ter unha. Estou dacordo cos demais compañeiros de que deberían incluír máis películas,pero creo que tamén se debería ter en conta un pouco os gustos do alumnado e polo tanto pedirnos opinión sobre as películas que nos gustaría incluír a nos, xa que a videoteca máis que nada é para o noso disfrute e para ampliar coñecementos de películas que quizáis nos gustaría ver pero non tivemos a aportunidade.

  4. Me parece genial que tengamos una videoteca en el centro, pero estaria bien que hubiese mas peliculas al gusto de los alumnos, y asi poder disfrutar mas de ellas.

  5. O da videoteca e unha idea xenial pero creo que o centro debería de gastar algo máis de diñeiro para que sexa un pouco máis extensa

Os comentarios están pechados.