ALONE NA TVG

Publicado en PRENSA e TV o 16 Novembro 2011 por aturuxofilms

Onte estivemos no plató do programa A Solaina para falar do premio gañado pola curtametraxe ALONE no concurso do PLAN CONTIGO.

Resultou unha experiencia moi interesante e agradable xa que os responsables e presentadores foron moi atentos e fixeron que todo resultase moi doado. Espero que vos guste o resultado da entrevista e que representaramos ao IES de Cacheiras con dignidade.

Pincha na imaxe.

IES CACHEIRAS NAS NOVAS DE TV

Publicado en NOVAS, PREMIOS, PRENSA e TV o 5 Novembro 2011 por aturuxofilms

O concurso de vídeo PLAN CONTIGO está a ter unha gran repercusión nos medios de comunicación tanto en prensa como na TV. Aquí tedes o enlace aos informativos da SEXTA, no minuto 30 aparece a nova do vídeo gañador do IES Cacheiras. Tamén saíu no informativo da 1ª de TVE no minuto 31´ 30″. (Telediario do sábado 15:00 h.) e  Telecinco no minuto 15´ 30″ do seu contador descendente.

http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/ultimo_informativo_emitido/508943

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/telediario-15-horas-05-11-11/1241875/?date=1320523854336

http://www.telecinco.es/Informativos/Informativos_Fin_de_Semana/Informativo_Fin_de_Semana_3_1499280103.html

Reiterar os parabéns ás alumnas creadoras da curtametraxe.

GAÑADORES DO CONCURSO PLAN CONTIGO

Publicado en NOVAS, PREMIOS o 4 Novembro 2011 por aturuxofilms

A curtametraxe ALONE creada por alumnas do IES de Cacheiras na materia de Linguaxe audiovisual e medios dixitais gañou o 1º concurso de vídeos  dentro do PLAN  CONTIGO da Policía Nacional e da Garda Civil que é o espazo en Tuenti no que os xóvenes encontran información de utilidade e consellos de seguridade para situacións  como a navegación en Internet, o manexo do perfil nas redes sociais, evitar riscos na carretera, a loita contra o acoso escolar ou bullying, os perigos das drogas…

 

ALONE reflexiona sobre o acoso escolar

 

NORABOA A TÓDALAS ALUMNAS PARTICIPANTES.

ENREDADO na web CINEMA JOVE

Publicado en NOVAS o 19 Outubro 2011 por aturuxofilms

Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Enredado que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia gañando a Mención ao mellor son e que está colgada na súa web.

La aventura del saber: Cinema Jove – RTVE.es

Publicado en NOVAS o 27 Setembro 2011 por aturuxofilms

La aventura del saber: Cinema Jove Humanidades – RTVE.es.

Reportaxe de TVE sobre o Encontro Audiovisual de xóvenes de CINEMA JOVE celebrado en Valencia en xuño e onde participamos ca curtametraxe Enredado que gañou a Mención o mellor Son.

OUFF ESCOLA 2011

Publicado en NOVAS o 15 Setembro 2011 por aturuxofilms

Un ano máis participamos no certame audiovisual OUFF escola que vaise celebrar en outubro. Nesta ocasión coas obras A UN PASO curtametraxe de ficción e SPOTS SOCIAIS conxunto de spots de sensibilización en temas como a igualdade de xénero, o medio ambiente e educación para a paz, entre outros.  Este ano a principal novidade é a inclusión do premio do público. Anímovos a que votedes na web de ouff escola seguindo ás instruccións.

Accede pinchando na imaxe

PREMIADOS EN VALENCIA

Publicado en NOVAS, PREMIOS o 23 Xuño 2011 por aturuxofilms

Como xa sabedes este ano tamén participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove celebrado en Valencia. Unha experiencia moi interesante onde os 47 centros seleccionados mostran o seu traballo na creación audiovisual. Nesta edición acudimos, ca curtametraxe ENREDADO, Daniel Cajade en representación dos catorce compañeiros ca fixeron e Sergio Clavero como profesor responsable. Ademáis das proxeccións de tódalas curtas programáronse algunhas actividades moi interesantes como o visionado do filme O gabinete do doctor Caligari coa interpretación da súa banda sonora en directo.

Este ano tivemos premio ca mención especial do xurado ao mellor son.

NORABOA a tod@s

DANIEL CAJADE PASCUAL /  MARÍA REGO SILVA

TANIA MUNÍN SEGADE  /  LAURA QUEIRO LORENZO

 XEILA DOPAZO FERREIRA  / ANDREA CAMPOS MENDOZA

LAURA MARINA MONTES CAMIÑO  /  NATALIA GARCÍA GARRIDO

LORENA FERNÁNDEZ DUVAL  /  VÍCTOR HUGO NÚÑEZ PÉREZ

BRAIS RODRÍGUEZ BOUZAS  /  ROI MÉNDEZ MARTÍNEZ

Un ano máis en CINEMA JOVE

Publicado en NOVAS o 31 Maio 2011 por aturuxofilms

Un ano máis estamos seleccionados no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove de Valencia. Nesta ocasión participamos coa curtametraxe ENREDADO feita polo alumnado de Cultura Audiovisual. Celébrase do 18 ao 21 de xuño e acudiremos invitados pola organización para asistir ás proxeccións das curtas participantes e presentar a experiencia educativa que desenvolve o IES Cacheiras no campo da formación e creación audiovisual. Esperamos poder representar con dignidade a tódala comunidade educativa.

DIFUSIÓN DAS ACTIVIDADES

Publicado en NOVAS o 5 Maio 2011 por aturuxofilms

Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Pequenas obsesións que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia e que está colgada na súa web.

PREESTRENO

Publicado en NOVAS o 7 Abril 2011 por aturuxofilms

ATURUXO FILMS organiza a proxección das curtas feitas nas optativas Linguaxe audiovisual e medios dixitais e Cultura Audiovisual polo alumnado do centro no curso 2009-10 e 2010-11. Trátase dun preestreno dalgunhas das obras que se completará cun pase completo ao final de curso.

 

MARTES 12 ABRIL
3ª HORA 2º ESO
4ª HORA 3º ESO
5ª HORA 4º ESO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

PROGRAMA

 

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S

A CREATIVIDADE en REDES

Publicado en NOVAS o 30 Marzo 2011 por aturuxofilms

Neste capítulo do programa REDES fálase da importancia da potenciación da creatividade no sistema educativo e no ámbito familiar.

Animo a nais, pais e alumnado a que o vexan porque poden chegar a moitas conclusións positivas.

Podes velo pinchando na imaxe.

 

 

ZUREVISION 2011

Publicado en NOVAS o 18 Marzo 2011 por aturuxofilms

Dous spots sociais creados polo alumnado de Cultura Audiovisual foron seleccionados no Concurso Internacional de Spots Sociais ZUREVISION 2011 organizado pola ONG Mugarik Gabe. Como na edición anterior os nosos spots van ser proxectados nas diferentes sesións da Mostra de Cine e Cooperación ZUREVISION que vaise celebrar en Bilbao, Vitoria-Gasteiz e Donostia. O tema desta edición foi as violencias machistas co obxectivo de sensibilizar sobre aquelas violencias que sofren as mulleres como manifestación da discriminación e da situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de poder dos homes sobre as mulleres.

Tamén foi seleccionado o spot Hai saída feito no curso de formación do profesorado e que tedes no Canal de TV Aturuxo films e neste blog.

No seguinte enlace tedes o programa da Mostra.

http://www.mugarikgabe.org/pdfcine/prozurevision.pdf

Noraboa a tódolos autores e sorte.

COLABORANDO NA FORMACIÓN

Publicado en CURTAMETRAXES, EDUCACIÓN AUDIOVISUAL o 15 Febreiro 2011 por aturuxofilms

 

 

Dentro das inquietudes de Aturuxo films, como ben sabedes, está extender a educación audiovisual nos centros de ensinanza de Galicia. Por iso propuximos aos centros de formación do profesorado a posibilidade de crear un curso de creación audiovisual dirixido aos docentes de debuxo. Deste xeito a experiencia educativa que estamos desenvolvendo no IES Cacheiras pódese trasladar a outros centros.

Froito deste curso, xa celebrado en novembro, son estes catro spots sociais feitos na fase experimental e que son un bo exemplo do excelente traballo que fixeron os participantes.

Spots do alumnado en Zurevision

Publicado en NOVAS o 20 Novembro 2010 por aturuxofilms

Na páxina web da Mostra de Cine e Cooperación pódense visionar os spots sociais seleccionados na edición do 2010 e que foron proxectados nas salas de cine de Euskadi. Entre eles dous spots creados polo alumnado do IES de Cacheiras na materia Cultura Audiovisual de 1º de bacharelato titulados Igualdade no traballo e Sobran as palabras.

http://www.zurevision.com/player/bspot.htm

CINEUROPA 2010

Publicado en NOVAS o 15 Novembro 2010 por aturuxofilms

Bota a andar a 24ª edición de Cineuropa, que ten lugar do 10 de novembro ao 3 de decembro e que proxectará en cinco salas da cidade 130 filmes chegados desde todas as partes do mundo, cunha atención especial ao cinema feito aquí, no noso país. E sempre cinema comprometido e de calidade, que lle permite á audiencia mergullarse noutras culturas e coñecer de preto outras realidades para obter unha visión máis ampla do mundo.

 

 


Tedes unha excelente oportunidade de ver en Santiago de Compostela filmes dunha grande calidade. Consultade o programa:

programa cineuropa pdf

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 26 segidores